Ameboide

Este artigo trata en xeral das células ameboides. Para as do xénero Amoeba ver Amoeba e Amoeba proteus.
O foraminífero Ammonia tepida.
Chaos carolinensis.

Os ameboides, formas ameboides ou simplemente amebas son microorganismos unicelulares caracterizados por ter unha forma irregular cambiante, que forman expansións da célula chamadas pseudópodos.[1]

Falando da morfoloxía do microorganismo os termos ameboide e ameba son intercambiables, mesmo na literatura científica,[2] pero o termo ameba ten ademais un significado máis específico, xa que en certos contextos se pode referir tamén aos protozoos do xénero Amoeba (só a eses). Aparece na literatura moitas máis veces co significado xeral que co específico, xa que hai moitos xéneros ameboides. O adxectivo "ameboide" ás veces aplícase a calquera cousa que teña esa morfoloxía, como un orgánulo, unha bacteria etc.

As amebas (sensu lato) antes clasificábanse todas xuntas no grupo Sarcodinia e máis especificamente dentro dos Rhizopoda, pero hoxe en día están clasificadas en varios grupos taxonómicos, xa que moitos grupos distintos adoptaron formas ameboides.

As palabras ameba e ameboide derivan do grego e significan "cambio de forma", pola súa forma cambiante.

  1. "amoeboid". Memidex (WordNet) Dictionary/Thesaurus. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2010-12-02. 
  2. Eric Bapteste, Henner Brinkmann, Jennifer A. Lee, Dorothy V. Moore, Christoph W. Sensen, Paul Gordon, Laure Duruflé, Terry Gaasterland, Philippe Lopez, Miklós Müller & Hervé Philippe (2001). "The analysis of 100 genes supports the grouping of three highly divergent amoebae: Dictyostelium, Entamoeba, and Mastigamoeba" (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences 99 (3): 1414–1419. PMC 122205. PMID 11830664. doi:10.1073/pnas.032662799. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search